xeral[arroba]galinus.com

Artigos de Galinus >

Seis razóns para non utilizar Flash

Introducción

¿Por que a xente asocia páxinas web en Flash con páxinas web de maior calidade? é normal que cando preguntemos prezos, se nos dan a opción de facela en Flash, sempre será pagando máis.

¿Por que o cliente decide pagar máis e facela en Flash? pola espectacularidade gráfica, sen dúbida. Ademáis, no país aínda falta criterio para valorar axeitadamente a función dunha web e parece que canto máis "derroche de virtuosismo fogueteiro" (Galloso dixit), mellor.

A nosa pregunta é ¿é correcto isto? temos 6 razóns para pensar que facer unha web en Flah é un erro grave.

Razón 1: Os buscadores dan menos importantancia ó contido en Flash

Antes, nin sequera lían a información dos ficheiros Flash. E aínda que xa o fagan, polo de agora ten máis relevancia a mesma información se está en HTML. Se queres que a túa páxina saia das primeiras nos buscadores, fuxe de Flash.

Amplía información en

Razón 2: Cada web implica unha interfaz distinta.

Cando traballamos en HTML o elementos da web son estándar: texto, imaxes, ligazóns e formularios. Cando o usuario entra na web é capaz de recoñecer o comportamento da páxina porque está afeito a eses elementos estandar. Non teñen que pensar para saber como funcionan os elementos da páxina web.

Flash, por outra banda, dá unha facilidade moi grande para crear botóns e animacións moi elaboradas. Pero cada deseñador sigue os seus propios criterios. Como consecuencia, vémonos moi a miudo pasando o rato por enriba dos elementos da web tratando de averiguar como funcionan.

Hai máis posibilidades de que o usuario abandoe a páxina web se non asimila axiña o o seu funcionamento.

Razón 3: Crea dependencia dun formato non estándar

Flash depende das decisións comercias de empresa creadora: Macromedia.

¿Que pasaría se Macromedia decidise actualiza-los módulos dos navegadores para unha nova versión de Flash sen ter en conta a compatibilidade coas páxinas web feitas con versións máis vellas?

Moitos de nós estamos afeitos a unha situación parecida cos continuos cambios de formato do Word. Moitos documentos creados co Office para XP non poden ser abertos con versións vellas. A compañía forza ós usuarios a pasarse a última versión do Word.

Unha situación similar forzaría ós propietarios das webs con Flash a contratar de novo a unha empresa para face-lo cambio.

Amplía información en

Razón 4: Maior dependencia da compañía que fixo a web

Flash non é estandar, pertence a Macromedia. HTML é estandar, non pertence a ninguén. Polo tanto, hai moita máis xente que traballa con HTML que con Flash. Á hora de renova-la nosa web ou correxir erros, hai moita máis xente preparada para o traballo se temos utilizado HTML no canto de Flash.

Razón 5: Tendencia natural a centrarse nos "fogos de artificio"

Dado que co Flash é moi doado facer animacións espectaculares e maquetacións de páxina complexas, os deseñadores adoitan centrase nesa potencia para facer web moi rechamantes. Déixanse a unha beira aspectos como facilidade de uso, fundamental para toda web.

Amplía información en

Razón 6: Perda de control polo navegador

O navegador interpreta os elementos feitos en Flash coma un obxecto distinto de HTML. Algunhas opcións dos menús do navegador son distintas para Flash e HTML. Perdese coherencia na interfaz e, polo tanto, unha navegación máis incomoda.

Exemplos:

Conclusións

Cremos que hai razóns de abondo para decantarse polo HTML á hora de facer unha páxina web: custe incial, mantemento más sinxelo e maior aproveitamento da web. Hai outros temas como a accesibilidade que non tratamos. Se sabes algo sobre Flash e Accesibilidade e queres facer unha suxestión, escríbenos.

Tampouco quere dicir que non poidamos utilizalo. Hai moitas situacións no que pode ser moi útil: cando precisamos elementos multimedia de apoio que requiren interactividade avanzada co usuario e precisan de boa calidade gráfica, non face-la web enteira con Flash.

Podes visitar a discusión Flash ¿Cuál es el problema? e coñecer outros puntos de vista.

Deixamos un exemplo dunha páxina que se podería ter feito en HTML ¿Que razón levou a empresa a facer esta páxina en Flash?

Escolma de ligazóns

Ver máis artigos

Licencia de Creative Commons

Artículo baixo licencia de Creative Commons.


En Galinus somos profesionais da comunicación en internet.

Si queres aproveitar ao máximo as posibilidades das tecnoloxías da comunicación, contacta con nós.