En Galinus, Taller de Novos Medios, seguimos de mudanza: xa temos nova sede, novos mobles, e neste ano, tamén novos e ilusionantes proxectos.
Case sen darnos conta chegamos á segunda etapa na traxectoria desta mudanza da nosa páxina web. ¿E cal é o obxeto desta segunda etapa? Pois, como calquera dos proxectos que afrontamos, para poder dar unha boa solución, debemos coñecer ben ao cliente.
Neste caso, como o cliente somos nós mesmos, tivemos que discurrir cal era o mellor xeito de definirnos, de investigar quen somos, de tentar chegar á raíz deste proxecto que é Galinus.
Se algo temos claro, é que somos o que somos (e facemos o que facemos) polo entorno no que nos atopamos. Nos 7 anos que levamos na Costa da Morte conseguimos sentirnos parte desta parte do mundo, dun xeito moito máis profundo que en calquera das nosas vivencias anteriores.
Por todo iso contamos coa colaboración dos nosos conveciños de Corcubión e con eles creamos un novo vídeo da factoría Galinus TV. Falamos con eles sobre o que opinaban da nosa chegada, o que pensan sobre o noso traballo, e o que esperan que cheguemos a ser; e con iso construímos un pequeno discurso, non desprovisto de humor, acerca da nosa identidade como empresa.
Preestreno no Pazo
O feito de que as persoas sexan o elemento máis importante neste proxecto fixo que, en agradecemento aos protagonistas, realizáramos unha estrea na vila (no Pazo, un dos bares senlleiros de Corcubión), con photocall, alfombra vermella, carteis promocionais, entrega de premios, pinchos e este microsite para contalo e compartilo con todos vos.
Esperamos que o resultado vos guste tanto como nós disfrutamos facéndoo, que vos axude a coñecernos a través da xente coa que convivimos diariamente.
A mudanza de Galinus continuará con novos pasos. E desta volta queremos que participedes, que nos digades o que pensades do que levamos feito e que nos suxerades calquera idea loca que ronde as vosas cabeciñas.
















Noraboa polo excelente traballo!
Un 10!
Desde luego, teneis un mérito de carallo…suerte!!!
Xenial a peli e o elenco insuperable,
para próximos videos a min gustaríame ver «Un día con Galinus» e dicir, como é o voso día a día na oficina a chegada de cada un pola mañá, o traballo, a hora do café… Coido que podería ser divertido
Bicos a tod@s e Parabéns
Cando teña tantos cuartos coma vós, tamén farei un pobo como Corcubión para montar a miña empresa.
Noraboa e a seguir traballando así de ben ou mellor, que estou seguro de que tedes moito que aportar.
Iso iso, moitas felicidades que se nota que o currades motiísimo. A ver para cando organizamos unha ceniña con vós
Sodes auténticos, qué dome cunha frase «Eu tamén quero ser Galinus» Noraboa!
¡Buen trabajo! ¿Para cuándo la segunda parte de la peli, jejeje?
Saludos,
Rubén (Korku Soft. Internet e Informática)
Graciñas a tod@s polos ánimos! Así da gusto traballar… xa estamos en plena terceira fase…
Xenial coma sempre!! Parabéns!!
Im Presionante!! Antro Polóxico!!!! Eu tamén quero ser Galinus!!!
Arturo, ti xa eres Galinus
. Unha aperta a todo o mundo.
Pois o vídeo xenial, agora tan só nos falta saber que é Galinus, espero que na segunda parta saiamos de dúbidas, jaja!!!
Unha aperta
…..Sobervio!!!Gústame o planteamento e o formato do vídeo…paréceme orixinal, divertido e nada indiferente.
E para saber quen sodes, eu fago caso dunha cita dun tal R. Buckminster-Fuller, que asegura que » o noventa e nove por cento do que somos é invisible e intanxible»…Se todo o que vemos de Galinus é só o restante 1%… desde logo EU TAMÉN QUERO SER GALINUS!!!
NORABOA XIGANTES!!
(P.D. lástima non ter paciencia para traducir todo esto a inglés, portugués, alemán…e así darlle un aire…. máis cosmopolita..se cabe!!!))
¿Que es galinus?