Hoxe ás 20h teremos en exclusiva na cafetería «O Pazo» de Corcubión a premier do vídeo «Somos Galinus», no que os protagonistas unha vez máis, non somos nós, senón unha significativa mostra representativa do día a día desta pequena e histórica vila.
Estades tod@s convidad@s, e para que vexades un pequeno anticipo do que será o vídeo, aquí vos deixamos este pequeno tráiler para ir abrindo boca.
O vídeo completo estará na web de Galinus en xaneiro do ano 2010, e representará en esencia o cambio á fase 1 da mudanza galinuseira. Coma de costume, permanezan atentos ás súas pantallas…














