Guía da Ribeira Sacra
Friday, June 15th, 2007A Ribeira Sacra é unha das zonas de Galicia con maior potencial turístico. En Galinus tamén o sabemos, e estamos encantados de axudar dalgunha maneira a poñer en valor todo ese potencial.
O pasado mes de Maio inaugurouse oficialmente o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra, situado en San Pedro de Rochas, Ourense.
Este proxecto incluía a recuperación e musealización da casa Prioral do lugar, e foi dirixido pola empresa santiaguesa de xestión do patrimonio Trivium.
Galinus encargouse da creación e instalación dentro do centro de interpretación dunha Guía visual da Ribeira Sacra. O obxetivo era permitir que os visitantes de San Pedro de Rochas coñeceran toda a oferta turística que a bisbarra da Ribeira Sacra lles ofrece dunha maneira interactiva e agradable.
Gran parte do traballo estivo encamiñado a recopilación e posterior organización da información. Había moita dispoñible sobre o patrimonio da Ribeira Sacra e había que simplificala o suficiente para que o usuario poida facerse unha idea xeral en apenas un par de minutos.
A arquitectura da información é moi sinxela, cunha páxina inicial (arriba ilustrada) que da paso por medio dun elegante mapa interactivo ás fichas individuais de cada un dos elementos do patrimonio cultural e natural da bisbarra.
Buscando a máxima utilidade, ademais da preceptiva descrición do monumento, nesas fichas proporcionase ao usuario información de como chegar e que servizos ten cerca.
Deseño Visual
O traballo nos contidos tiña que completarse cun deseño visual que comunicara a beleza da zona, e eso foi logrado grazas ao traballo dos deseñadores visuais Margarita Castro e Arturo Cousiño.
Aquí deixamos algunha mostra da guía. Polo de agora só se vai poder ver e utilizar no propio Centro de San Pedro, polo que animamos a todo o mundo que pase por alí de paso que visita esa fermosa bisbarra.

