Archive for the 'Diarios dixitais' Category

Reforma da web de La Voz de Galicia

Wednesday, July 25th, 2007

Hoxe, día da Patria Galega, La Voz de Galicia presentou o esperado redeseño da súa web.

O primeiro que destaca é que segue as directrices básicas que marcaron as últimas reformas de diarios dixitais, desde elpais.com ata o recente redeseño de Vieiros.

Podemos enumerar algún deses cambios:

  • Un deseño de páxina máis limpo, con máis espazo en branco e menos elementos que “distraian” a atención.
  • Eliminación dos menús e todos os elementos da columna esquerda, deixando só un menú superior de dous niveis. Desta maneira utilízase todo o ancho da pantalla para mostrar as novas.
  • O ancho cambio de estar optimizada para pantallas de 800 px a pantallas que soportan 1024 px, aumentando sensiblemente o espazo útil.

Nun primeiro análise, atopamos aspectos relacionados coa usabilidade e a optimización para buscadores dos contidos que poderían ser mellorados. Supoñemos que pouco a pouco optimizaranse estas cuestións:

Títulos sen o titular da nova

Os títulos das páxinas con novas non inclúen o titular da propia nova. Comparamos como o fai La Voz con outros dous diarios dixitais de referencia.

La Voz de Galicia

Vieiros

El Mundo

La Voz de Galicia é a única que non ten o titular incluído no título. As solucións de Vieiros e El Mundo son bastante semellantes, aínda que se temos elexir quedámonos coa solución de El Mundo xa que o máis concreto e importante (o titular da nova) é o que primeiro aparece.

Actualización do 1 de agosto: Esta deficiencia do título xa foi correxida. Ao día de onte (non podo asegurar se foi antes) todas as novas de La Voz de Galicia tiñan o titular dentro do título de páxina. Eso si, non sabemos se tivo que ver o noso comentario ;) .

Urls sen carga semántica

Outra práctica que mellora a experiencia dos usuarios e a optimización dos contidos para os buscadores é introducir o titular na url. Volvemos a comparar a solución da Voz coa doutros xornais dixitais.

La Voz de Galicia

Vieiros

El País

A diferencia de La Voz de Galicia, tanto en Vieiros como en El País as urls conteñen os termos fundamentais da nova. Eso si, cremos que a solución de Vieiros é máis limpa e efectiva.

Aínda hai moitos cambios que analizar, como os elementos de participación dos lectores, pero eso será en seguintes entradas que aquí publicaremos.

Entradas relacionadas

Que Pasa Na Costa: Un xornal para a Costa da Morte

Monday, July 9th, 2007