Archive for the 'QuePasaNaCosta' Category

Que Pasa Na Costa: Un xornal para a Costa da Morte

Monday, July 9th, 2007

Galinus é unha empresa que vive e traballa desde a Costa da Morte. Aínda que os nosos clientes non se restrinxen a esta bisbarra, e incluso temos máis fóra que aquí, o noso compromiso co desenvolvemento desta zona é total.

Que Pasa Na Costa: Novas da Costa da Morte

Os beneficios que traen as tecnoloxías da comunicación son moito máis importantes para as zonas que se atopan lonxe dos centros de poder. A Costa da Morte xa non é que esté lonxe de Madrid ou Lisboa, é que está lonxe de Santiago de Compostela. E esa distancia non se mide tanto en kms coma en infraestructuras e o que é máis importante, en atención aos problemas que aquí ocorren.

Desde que vivimos aquí démonos conta dese aillamento, e de que a Costa da Morte e os seus problemas apenas se fan escoitar máis alá da nosa bisbarra e incluso do povo en cuestión.

Nos últimos tempos, Radio Nordés, a emisora da Costa da Morte da Cadena Ser, fixo moito pola vertebración da bisbarra, facendo que os problemas de uns povos se escoitasen polos veciños dese e doutros povos e con elo a xente comenzase a ter unha certa conciencia de bisbarra.

Pero esa laboura encomiable non é completa dende o punto e hora que non se pode escoitar desde fóra da bisbarra.

Que Pasa Na Costa é un diario dixital que nace coa intención de que a voz da Costa da Morte se escoite aquí pero tamén fora da bisbarra. Galinus encargarase de toda a parte técnica e participaremos na redacción das novas en colaboración co creador e redactor xefe de Diario Camarinan.

Esperamos que este diario vai axudar moito a que as persoas destas terras vexan as vantaxes das tecnoloxías da comunicación. Semella moito máis sinxelo que un veciño da parroquia de Carnés, por exemplo, se acerque a ler un diario na rede se este ten unha crónica con fotos da festa da súa parroquia.

Este verano xa estamos publicando información de interese sobre a Costa da Morte, dando unha especial cobertura as festas. Eso si, imos a estar no que agora chámase Fase Beta durante un tempiño, correxindo erros e mellorando moitas cousas, polo que esperamos que nos disculpen se a experiencia dalgún visitante ten algunha traba.

Para calqueira que teña interese en escribir sobre a Costa da Morte, ou queira facer algunha suxerencia, contarnos algunha nova ou información, aquí lle deixamos o correo de contacto: info[arroba]quepasanacosta.com.