Nova web de Nut Teatro
Monday, October 15th, 2007Sempre é un pracer rematar un traballo, e poder presentar publicamente os frutos do esforzo realizado. E máis cando se trata dun proxecto cultural e innovador, do que tanta falta fan na nosa terra galega.
A web que presentamos é a de Nut Teatro, unha compañía teatral galega fundada en maio de 2006 e que aposta por un teatro galego e contemporáneo.
A páxina quere acercar á compañía aos seus espectadores, informándolles dos principais contidos que máis lles poden interesar:
- Quen compón Nut Teatro? Na sección de Coñécenos máis podes coñecer mellor aos membros da compañía.
- Os seus espectáculos. Tanto Psicose 4.48, como Corpos disidentes, os dous espectáculos realizados ata o de agora pola compañía, descríbense ampliamente.
- Información para contactar coa compañía.
- Información sobre as actuacións, tanto o calendario de próximas actuacións, como o arquivo histórico.
Toda esta información complétase coa Bitácora de Nut, onde os propios membros da compañía van a ir contando os feitos fundamentais do seu día a día. Esperamos que esta canle permita un verdadeiro diálogo cos seus espectadores.
Un dos principais retos cando asumimos este traballo foi adaptar o estilo visual que esta compañía desprega nos escenarios ao formato web. E cremos que o traballo desenrolado por Marga Castro (deseñadora visual de Galinus) conseguiu en grande medida ese propósito. Os propios membros da compañía recoñecen na web as señas principais da súa estética.
Oxalá que esta web axude a consolidar este interesante proxecto empresarial e cultural.

