Archive for May, 2008

Corcubión nos Premios Eganet 2008

Friday, May 23rd, 2008

Onte foi unha boa noite para Corcubión e as Novas Tecnoloxías. Até Santiago fumos para estar presentes na gala de entrega dos Premio Eganet 2008, onde a nosa vila tivo unha importante presencia.

A cerimonia estivo presentada por Fran Hermida e houbo dous premios para empresas vencelladas ao pobo: a categoría de software libre gañouna Sixtema, a empresa do noso veciño Alejandro Lamas, polo seu aplicativo de xeolocalización (do que podedes ver un exemplo para o Concello de Corcubión) e o premio por Tecnoloxía Accesible e Segura foi para E-Signovisual, proxecto no que colaboramos nós.

Nada mal para unha vila de 2000 habitantes. Para cando un Val do Silicio na comarca de Fisterra?