Reforma da web de La Voz de Galicia
Hoxe, día da Patria Galega, La Voz de Galicia presentou o esperado redeseño da súa web.
O primeiro que destaca é que segue as directrices básicas que marcaron as últimas reformas de diarios dixitais, desde elpais.com ata o recente redeseño de Vieiros.
Podemos enumerar algún deses cambios:
- Un deseño de páxina máis limpo, con máis espazo en branco e menos elementos que “distraian” a atención.
- Eliminación dos menús e todos os elementos da columna esquerda, deixando só un menú superior de dous niveis. Desta maneira utilízase todo o ancho da pantalla para mostrar as novas.
- O ancho cambio de estar optimizada para pantallas de 800 px a pantallas que soportan 1024 px, aumentando sensiblemente o espazo útil.
Nun primeiro análise, atopamos aspectos relacionados coa usabilidade e a optimización para buscadores dos contidos que poderían ser mellorados. Supoñemos que pouco a pouco optimizaranse estas cuestións:
Títulos sen o titular da nova
Os títulos das páxinas con novas non inclúen o titular da propia nova. Comparamos como o fai La Voz con outros dous diarios dixitais de referencia.
La Voz de Galicia
- Nova: Dos artefactos de escasa potencia explosionan al paso del Tour por Navarra.
- Título da páxina: La Voz de Galicia. España.
Vieiros
- Nova: Día de Galiza: Compostela, peneira da nación.
- Título da páxina: Vieiros: Galiza Hoxe - Día de Galiza: Compostela, peneira de nación.
El Mundo
- Nova: Policías municipales detienen en Francia al etarra Pablo Aperribay.
- Título: Policías municipales detienen en Francia al etarra Pablo Aperribay | elmundo.es.
La Voz de Galicia é a única que non ten o titular incluído no título. As solucións de Vieiros e El Mundo son bastante semellantes, aínda que se temos elexir quedámonos coa solución de El Mundo xa que o máis concreto e importante (o titular da nova) é o que primeiro aparece.
Actualización do 1 de agosto: Esta deficiencia do título xa foi correxida. Ao día de onte (non podo asegurar se foi antes) todas as novas de La Voz de Galicia tiñan o titular dentro do título de páxina. Eso si, non sabemos se tivo que ver o noso comentario
.
Urls sen carga semántica
Outra práctica que mellora a experiencia dos usuarios e a optimización dos contidos para os buscadores é introducir o titular na url. Volvemos a comparar a solución da Voz coa doutros xornais dixitais.
La Voz de Galicia
- Nova: Dos artefactos de escasa potencia explosionan al paso del Tour por Navarra.
- URL: www.lavozdegalicia.es/espana/2007/07/25/0003FD87CB45D4A6BC84007053BE7362FB4C.htm.
Vieiros
- Nova: Día de Galiza: Compostela, peneira da nación.
- URL: www.vieiros.com/nova/60012/dia-de-galiza-compostela-peneira-da-nacion.
El País
- Nova: El Solitario se envalentonó tras saber que no iba a ser entregado de forma inmediata a España.
- URL: www.elpais.com/articulo/espana/Solitario/envalentono/saber/iba/ser/
Segue: entregado/forma/inmediata/Espana/elpepuesp/20070725elpepunac_13/Tes.
A diferencia de La Voz de Galicia, tanto en Vieiros como en El País as urls conteñen os termos fundamentais da nova. Eso si, cremos que a solución de Vieiros é máis limpa e efectiva.
Aínda hai moitos cambios que analizar, como os elementos de participación dos lectores, pero eso será en seguintes entradas que aquí publicaremos.

July 26th, 2007 at 8:52 am
Me parece, verdaderamente que se han cargado la edición digital. Han pasado de una estructura antigua y legible a una “moderna” e inteligible, en donde
nos encontramos:
a- noticias dispersas por toda la web sin una estructura definida
b- scroll “infinito y más allá” (frase que dice Buzz Lightyear)
c- Para mi menos importante, enlaces a la nada.
En conclusión, tal y como se hace en este país todas las cosas corriendo y con prisa.
P.D. Hasta que no lo estructuren mejor han perdido un lector.
July 26th, 2007 at 9:02 am
Vos que estivéchedes metidos na reforma de Vieiros, non saberedes quen se encargou de facer esta reforma na Voz?
July 26th, 2007 at 1:15 pm
Ola Jorge,
Graciñas polo teu comentario. Paréceme que da no clavo nunha cuestión básica nas reformas dos diarios dixitais: como lles afecta aos visitantes habituais.
Seguiremos de cerca as reaccións e os resultados que se obteñan.
Unha aperta
July 26th, 2007 at 1:16 pm
Ola La Menda,
Graciñas tamén polo teu comentario. A verdade é que non podo dicirche moito, xa que non coñecemos se houbo xente de fóra da Voz que colaborou nesta reforma.
.
Se alguén ten máis información sobre este tema, xa somos dous que estamos interesados
Unha aperta.
July 27th, 2007 at 4:39 pm
[…] Junto ao problema anterior, suma que os títulos de página não têm o titular. Isto é algo do que se leva falando muito e algo incrível que na Voz, coa importancia que têm as visitas, esquece-se engadir esta informação tão importante. Ademais o CTR na página de resultados melhora muito quando há palavras clave no título. Em Galinus, Dani fala mais em profundidade do assunto. […]
July 28th, 2007 at 4:40 pm
[…] Reforma da web de La Voz de Galicia http://www.galinus.com/galinheiro/?p=34 […]
July 28th, 2007 at 6:24 pm
[…] Twitter recibe su primera ronda de inversión http://feeds.feedburner.com/~r/uberbin/~3/138050460/twitter-recibe-su-primera-ronda-de-inversion.php Reforma da web de La Voz de Galicia http://www.galinus.com/galinheiro/?p=34 Mozilla planea crear una… […]
August 7th, 2007 at 9:26 pm
[…] Hoxe depois de ler este comentario de Opaco e reler outros dous comentarios anteriores boteille unha ollada no alexa ás estatísticas da web de la voz de Galicia. […]