A navalla suíza, já à venda | veja aqui

July 9th, 2008 por Rodrigo

Muita sorte para a equipa de Álvaro, Berto, María, Óscar e Xabier nesta nova iniciativa.

Tempranas horas de la mañana

July 7th, 2008 por Rodrigo

En octubre nos vamos a Barcelona para estudiar una propuesta interesante y aprovechar para pasar juntos un fin de semana en la capital de las gafas de pasta.

Como los precios de los billetes están por las nubes, compré la primera oferta que vi, sin fijarme dónde quedaba Reus ni a qué hora era el vuelo de vuelta y ahora, gracias a Calaza, me doy cuenta de que tenemos que estar a las 6 de la mañana en un aeropuerto a 90km de Barcelona.

Buscando servicios de transporte nos encontramos con el siguiente mensaje de error, que nos vino a decir que a esas horas nos vamos a tener que buscar la vida de otra forma pero que te hace reír hasta de tus propios errores.

Tempranas horas de la mañana

El “buen rollo” imperante en los mensajes de error que tan en común actualmente es difícil de aguantar: un fallo es un fallo y después de 20 minutos intentado realizar una tarea no hay colegueo por parte del servidor que valga. Pero en este caso nos hizo reír tanto que incluso consiguió que nos acordemos del servicio en cuestión.

Progresso e subvenções!

June 12th, 2008 por Rodrigo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística con data 10 de setembro de 2.007 sacou no Diario Oficial de Galicia un concurso público para financiar un dicionario na rede (debido a que só había -e segue habendo- o da Real Academia Galega, con 15.000 entradas e na normativa anterior). Despois de adxudicarllo a unha empresa tivo que declaralo deserto debido a un gran fallo na redacción das bases.

Ante esta decisión IR INDO EDICIONS retira da rede o seu Dicionario ata que a Secretaría Xeral de Política Lingüística rectifique as bases e volva convocar, en concurso público, este servizo

Surpreende-me a postura de Ir Indo e comprovo com tristura como o sector editorial segue estando tão falto de iniciativa. Não entendo que após digitalizar o dicionário, criar a web e a sua posta em marcha se retire porque não lhes concedem uma subvenção.

Não entendo que não aproveitem a necessidade real de muitos usuários de ter uma ferramenta de referencia de uso diario para criar uma magnífica plataforma de promoção da sua editorial, uma web que teria todo o potencial para se converter num lugar de passo obrigado para todos aqueles que escrevemos em galego.

Pêro não, Ir Indo prefire esperar a uma subvenção antes que pensar em como lhe tirar partido ao que já têm, em arriscar -seica não demasiado- na pesquisa de novas ideias.

Não, melhor que tire a administração deles, que o sector está em crise. Vendo este tipo de reacções, é totalmente compreensível

Nota: Galinus estivo durante dous anos tentando sacar adiante este projecto com distintas editoriais, Ir Indo entre elas.

Internet, también para publicidad local

June 11th, 2008 por Rodrigo

¿Cómo quieres que sea tu casa? algo tan personal se nos suele presentar de una forma fría y distante, pensando que una frases del tipo “La casa de tus sueños” va hacer más cercanas unas fotos y planos y una enumeración de estancias. Sin embargo, es común ver como las promociones inmobiliarias se suelen publicitar como quien vende tornillo.

Hoy María nos envía una web de una promoción de viviendas en Granada, que es un ejemplo perfecto de creatividad y conocimiento del medio.

El gancho principal de esta web es un vídeo que graba una pareja de acento granadino y que comenta con guiños locales la impresión que les causa el piso que visitan (”Esto lo ve la Anto y se cree que es la piscina municipal de Albolote”).

No se utilizan encuadres que nos muestren la amplitud de la cocina, lo bien que están orientados los pisos, el atractivo de los diseños, sino una conversación entre una pareja que visita con ilusión una vivienda, narrado de una forma muy cercana que identifica a los protagonistas con la mayoría de la gente que está en esta situación, estableciendo un vínculo emocional con el público objetivo.

El utilizar la forma de hablar granadina es una excelente forma de llegar a un target principal muy bien definido y añade un giro muy hábil para la difusión viral de la promoción.

La idea es de la empresa granadida Babydog. Este microsite es un buen ejemplo de como las empresas van comprendiendo poco a poco que comunicar en internet no es una cuestión técnica, sino de mensaje.

Semiótica: perigo! senhoras vestidas de negro na calçada

June 9th, 2008 por Rodrigo

senhora de negro na calçada, sinal de perigo

Ao estarmos na Comarca de Fisterra colher o coche para trajectos longos polas típicas estradas galegas é uma cousa quotidiana.

Estreitas, mal iluminadas e com zonas de pouca visibilidade, nas nossas viagens botamos em falha algum sinal que avise dum dos perigos mais comuns: as senhoras vestidas de negro, que não miram ao cruzar nem levam colete espelhante.

Por elas, ide amodo!

Corcubión nos Premios Eganet 2008

May 23rd, 2008 por Rodrigo

Onte foi unha boa noite para Corcubión e as Novas Tecnoloxías. Até Santiago fumos para estar presentes na gala de entrega dos Premio Eganet 2008, onde a nosa vila tivo unha importante presencia.

A cerimonia estivo presentada por Fran Hermida e houbo dous premios para empresas vencelladas ao pobo: a categoría de software libre gañouna Sixtema, a empresa do noso veciño Alejandro Lamas, polo seu aplicativo de xeolocalización (do que podedes ver un exemplo para o Concello de Corcubión) e o premio por Tecnoloxía Accesible e Segura foi para E-Signovisual, proxecto no que colaboramos nós.

Nada mal para unha vila de 2000 habitantes. Para cando un Val do Silicio na comarca de Fisterra?

Investimento TIC na Costa da Morte: pasiño a pasiño

February 15th, 2008 por Rodrigo

Nestes tres primeiros meses do ano estamos a traballar no funcionamento interno da empresa, mellorando o proceso productivo, novos estudos de mercado para novos servizos… e novas tarifas, onde xurde un problema grave para unha empresa coma a nosa sita na Costa da Morte: cunhas rendas tan baixas e o pouco nivel de penetración de internet (ademáis da calidade pésima do servizo na zona) é moi difícil conseguir os investimentos precisos dos clientes para apoiar a súa actividade económica, co risco de ficar desfasadas (e este non é o único condicionante da zona, por suposto).

A solución podería ser rebaixar os prezos ou buscar outros mercados; pero rebaixar os prezos quitaríanos muitos recursos para adicar a outros proxectos económicamente mais importantes para a empresa e buscar outros mercados chocaría coa nosa idea de ser unha empresa implicada na bisbarra.

Existe algunha solución a este problema? nos cremos que si, como en calquer outro problema, mais é preciso unha actitude distinta e plantexar os proxectos cunha referencia temporal mais lonxana.

1- Enténdeo como un investimento a longo prazo

Un proxecto de uns centos de euros non é rentábel se non se pensa nel como o primeiro paso hacia algo máis ambicioso. Velo como un “adianto”, como un pago a prazos.

Unha vez se vexan os beneficios das primeiras accións, non duvidedes de que dar novos pasos vai ser moito máis sinxelo. Máis que un proxecto de execución nunha etapa, trátase de crear unha conta para a empresa.

2- O importante son as persoas

Desde que unha web incorpora algún elemento de relación cós usuarios -e isto comeza nada máis publicas un enderezo de correo de contacto-, o cliente ten que ser consciente de que a súa implicación e *indispensábel*. Crear expectativas de que unha web vai funcionar polo simple feito de estar publicada o único que vai xerar é desconfianza en internet, e en nós como proveedores.

3- A web é un medio e non un fin

A web ten que ter uns obxetivos concretos; se rabuñamos un pouco sempre vamos atopar algún camiño por onde o cliente pode sacar algún beneficio. O primeiro paso é crear confianza na web como medio.

4- Se realista

Unha web non fai maxia: aprende a xerir as expectativas dos teus clientes e plantexa escenarios reais.

Coido que non falamos de nada novo, non si? pero ás veces é tan sinxelo perder a perspectiva que esquecemos, no noso caso, do tremendo potencial que hai na Costa da Morte e outras zonas do pais. Cando se está tan mal, non debemos esquecer que sempre se vai a mellor.

SEO: sequestrados polo método

December 14th, 2007 por Rodrigo

Por sorte as empresas já sabem da importância que tem ter uma web optimizada para os pesquisadores e que lhes leve visitas às suas páginas. E por sorte para algumas empresas é que para acadar isto temos que evitar tecnologias e técnicas estranhas.

O problema dos SEO é que todo gira ao redor dum algoritmo. Isto pode pode levar a uma visão excessivamente “técnica” do problema, a páginas cheias das palavras clave (achegando-se perigosamente a níveis de spam) e pensadas para o pesquisador e não para as pessoas.

Nos temos evolucionado dum perfil técnico a um mais “humano” (e o problema da física é que sais da faculdade pensando que qualquer coisa se pode descrever com uma formula) e agora desconfiamos mais dos métodos como parte única da solução aos problemas que têm os nossos clientes e nos mesmos.

A verdade é que estamos cansos do ruido da internet, da pouca qualidade da maioria dos conteúdos e das páginas sem vida. Na nossa opinião a melhor técnica SEO é oferecer conteúdos e serviços de qualidade: se a gente pensa que é interessante o que oferecemos, as ligações virão com naturalidade e trarão um tráfego de mais qualidade à nossa web.

Se queres uma mostra disso, instala um sistema de estatísticas na tua web e compara a porcentagem de rebotes (gente que entra numa página para sair imediatamente) para as visitas direitas, as visitas desde outras webs e as visitas desde pesquisadores.

O conteúdo ainda é o rei.

Desenho centrado na instituição

November 30th, 2007 por Rodrigo

Estes dias estamos a o preparar o curso de usabilidade organizado por Eganet e pesquisando exemplos e contra-exemplos decidimos colher as webs da Junta e a da Generalitat de Catalunha.

Mirando a página principal aparentemente são mui similares: cabeçalho, barra horizontal de navegação, outras duas barras laterais de navegação e o corpo central com conteúdos. Além disso, pouco há mais em comum: só há que ler as noticias da principal para se decatar da diferença:

Junta

Presidente

  • Touriño asegura que Galicia ten “oportunidades e argumentos” para conquistar “unha cota relevante” na industria da imaxe
  • O presidente da Xunta salienta a posta en marcha dun “importante paquete de medidas de impulso á investigación e o desenvolvemento tecnolóxico” dotadas con 9,6 millóns de euros
  • Touriño valora o acordo co Goberno Central para axilizar o traspaso das competencias demandadas polo Consello da Xunta e referendadas polo Parlamento
  • O presidente da Xunta explica que as competencias negociadas polo vicepresidente forman parte da “folla de ruta” aprobada polo Goberno galego
  • Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano
  • A Consellería de Medio Ambiente mantén por segundo día consecutivo o operativo, de 30 persoas, para recuperar os visións fuxidos dunha granxa en Santiago
  • Generalitat

    Generalitat de catalunha, web centrada no cidadão

  • Evitem la sida. Tots junts ho aconseguirem
  • Ampliació dels ajuts a la rehabilitació d’habitatges
  • Sancions a companyies aèries
  • Llei d’educació de Catalunya
  • Agència Catalana de Turisme
  • Participació en els catàlegs de paisatge
  • Institut Català Internacional per la Pau
  • Acords de govern del 27 de novembre de 2007
  • Noves línies de negoci per als agricultors
  • A Generalitat está orientada ao cidadadão e a Junta ao político. E isto não é um problema da empresa concessionária, se não dos que mandam e como entendem a administração electrónica e a sociedade da informação. Temos avançado na imagem mais o fundo, às vezes, deixa-nos uma sensação demasiado conhecida.

    Interfaces naturais

    November 23rd, 2007 por Rodrigo

    O desenho de interacção já não é o que era: temos que ser constantemente críticos cos princípios que serviam há uns anos pêro que chegado um ponto podem mostrar sintomas de esgotamento.

    Estes princípios baseiam-se na experiência e em exemplos e contra-exemplos de boas interfaces e daquelas que apresentaram problemas; não se tratava de leis imutáveis da natureza.

    Southwest modelo metafora não valida

    Para o desenho de interfazes um dos princípios mais enriquecedores era esquecer o mundo físico para rachar barreiras e aproveitar todo o potencial dos bits: reproduzir o mundo real polo geral não criava boas experiências de uso.

    Segue a ser valido esta ideia? O iPhone e o iPod Touch podem ilustrar esta mudança de paradigma: agora, com uma tecnologia com maior capacidade de processo, estes aparelhos tentam reproduzir o mundo físico, como jeito de “navegar” entre velhos LPs, passando com os dedos as capas dos álbuns.

    ipod touch interfaz para navegar por albuns

    Mais o que de verdade me tem surpreendido destes novos intentos para emular ao mundo físico é o novo despertador de Philips, que utiliza luz, e não som, para nos despertarem. É como ter um sol na habitação.

    Despertador com luz de Philips

    Mas, não seria mais singelo durmir sem cortinas?