Investimento TIC na Costa da Morte: pasiño a pasiño
February 15th, 2008 por Rodrigo VarelaNestes tres primeiros meses do ano estamos a traballar no funcionamento interno da empresa, mellorando o proceso productivo, novos estudos de mercado para novos servizos… e novas tarifas, onde xurde un problema grave para unha empresa coma a nosa sita na Costa da Morte: cunhas rendas tan baixas e o pouco nivel de penetración de internet (ademáis da calidade pésima do servizo na zona) é moi difícil conseguir os investimentos precisos dos clientes para apoiar a súa actividade económica, co risco de ficar desfasadas (e este non é o único condicionante da zona, por suposto).
A solución podería ser rebaixar os prezos ou buscar outros mercados; pero rebaixar os prezos quitaríanos muitos recursos para adicar a outros proxectos económicamente mais importantes para a empresa e buscar outros mercados chocaría coa nosa idea de ser unha empresa implicada na bisbarra.
Existe algunha solución a este problema? nos cremos que si, como en calquer outro problema, mais é preciso unha actitude distinta e plantexar os proxectos cunha referencia temporal mais lonxana.
1- Enténdeo como un investimento a longo prazo
Un proxecto de uns centos de euros non é rentábel se non se pensa nel como o primeiro paso hacia algo máis ambicioso. Velo como un “adianto”, como un pago a prazos.
Unha vez se vexan os beneficios das primeiras accións, non duvidedes de que dar novos pasos vai ser moito máis sinxelo. Máis que un proxecto de execución nunha etapa, trátase de crear unha conta para a empresa.
2- O importante son as persoas
Desde que unha web incorpora algún elemento de relación cós usuarios -e isto comeza nada máis publicas un enderezo de correo de contacto-, o cliente ten que ser consciente de que a súa implicación e *indispensábel*. Crear expectativas de que unha web vai funcionar polo simple feito de estar publicada o único que vai xerar é desconfianza en internet, e en nós como proveedores.
3- A web é un medio e non un fin
A web ten que ter uns obxetivos concretos; se rabuñamos un pouco sempre vamos atopar algún camiño por onde o cliente pode sacar algún beneficio. O primeiro paso é crear confianza na web como medio.
4- Se realista
Unha web non fai maxia: aprende a xerir as expectativas dos teus clientes e plantexa escenarios reais.
Coido que non falamos de nada novo, non si? pero ás veces é tan sinxelo perder a perspectiva que esquecemos, no noso caso, do tremendo potencial que hai na Costa da Morte e outras zonas do pais. Cando se está tan mal, non debemos esquecer que sempre se vai a mellor.
