O pasado 9 de febreiro celebrouse o Seminario Turis-Tic en Vilamarín. Daniel Cerqueiro (Galinus) e Manuel Pan (Abertal Networks) encargáronse de levar a cabo unha Auditoría de Impacto na que analizar a presenza en Internet de varias empresas do sector turístico presentes no seminario.
A presenza en redes sociais, a mellora do posicionamento online a través da inversión en Google Adwords ou a visualización en distintos dispositivos foron algúns dos obxectos de estudo.
O obxectivo do seminario é ofrecer aos empresarios do ámbito turístico as ferramentas necesarias para a mellora de promoción e comercialización a través de Internet.
]]>
Cos tan típicos e ignorantes prexuízos presentámonos a empresa Galinus ás primeiras sesións de Coaching da man dos especialistas de QCoach.
A primeira disxuntiva xa estaba prantexada antes de chegar: «E este tipo de fóra, sen coñecernos de nada, vai solucionar os nosos problemas?» Afortunadamente, alguén nos explicara previamente que un coacher non era un médico de cabeceira ou un psiquiatra que che receita un tratamento; se non que un coacher é un profesional que te axuda a solucionar os teus problemas sen dar solucións, senón facendo que sexas ti quen tope con eles. Isto non é unha consultaría que che dá un informe cun resultado; é un proceso longo no que ti e o propio grupo elabora ese informe de conclusións. Iso si, se o teu equipo non quere cambiar, se non quere mellorar en función das súas potencialidades, se non se aliña cun obxectivo común pensando como un equipo, o coaching non resolverá as túas carencias.
As citas comezaban co pao de golf na man. Co put preparado sumerxómonos na sesión de greencoach co trainer Joaquín Dosil. Sorprendémonos a nós mesmos reparando nas nosas lacras comunicativas cando tiñamos que coordinarnos por equipos, cando tiñamos que dirixir a un compañeiro cego cara o buraco ou cando tiñamos que establecer estratexias conxuntas para competir mellor.
Un exercicio práctico e sinxelo que serviu, e tanto, para tomar contacto coas técnicas do coaching. E así o reflicten as primeiras conclusións: Eu que esperaba que nos dera caña e nos dixera o «aí estiveches mal»… «non se pode dicir iso»…» Nada máis lonxe do «señor coaching».
A primeira cita «indoor«, coa resaca do divertido put na cabeza, serviu para deixar patentes novas carencias. Coa axuda de Daniel Álvarez, outro dos coachers de QCoach, e focalizando esforzos xa en cuestións concretas do noso traballo diario como equipo, comprobamos que somos capaces de perder horas nunha pequena cuestión sen apenas relevancia. Así, pasamos a sesión discutindo pormenores sobre as por nós chamadas «reunións dos luns».
Primeiro auto diagnóstico: «nodo indentificado», canto nos embarullamos coas pequenas cousas. Paremos a pensar e decidamos o camiño. E así o fixemos. As «reunións dos luns» melloraron enormemente dende aquela reflexión conxunta e os pequenos detalles decididos daquela (tales como convertela nun pequeno almorzo máis que nunha ríxida reunión) foron moi positivos para a súa produtividade e para o noso benestar mental.
Esa sesión serviu tamén para facer un repaso polos conceptos que son importantes para converternos nun E.A.R.. A tormenta de conceptos deixounos un esquema parecido a que aparece na imaxe de arriba.
Continuamos fito a fito no noso camiño de crear un equipo de alto rendemento. Precisamente unha das conclusións é a importancia de facer patentes eses fitos, eses momentos nos que o equipo acadou un resultado positivo.
A sesión trasladouse á nosa oficina para seguir analizando e afrontando os obxectivos marcados no «discurso do cambio». Tiñamos prantexadas novas propostas para a mellora do noso rendemento conxunto; cousas tan concretas, tan básicas e tan necesarias como a definición dos procesos produtivos ou os procedementos de innovación e/ou formación.
Tremendamente interesantes foron os exercicios de crítica mutua. O feito de dicirnos claramente que cousas valoramos uns dos outros e que cousas nos gustaría que fixeramos máis, fainos recapacitar sobre a nosa relación co grupo, sobre a nosa forma de engadir valor ao equipo.
E aquí nos atopamos a día de hoxe e varios meses despois da primeira sesión de greencoach, facendo un hábito das sesións de «autocoaching» de equipo de alto rendemento, a través do desenvolvemento individual e colectivo no que todos e cada un de nós somos igual de importantes.
Galinus xa está no camiño de se converter nun Equipo de Alto Rendemento.
*Nota: No blog de arqoiris tamén aparece esta entrada en castelán.
]]>
Seguro que todos intuímos a importancia que pode ter hoxe en día que a nosa empresa apareza entre os primeiros resultados de procura de Google, xa que logo a visibilidade que os anuncios de Google Adwords achegan ao noso negocio convértense na forma máis rápida e eficaz de aparecer ante os nosos posibles clientes.
Moitas das empresas que invisten na publicidade de Google habitualmente non dispón do tempo necesario para xestionar as súas propias campañas, nin dispón da formación necesaria para optimizalas. E como realizar unha promoción con Google Adwords está ao alcance de case de calquera empresa, o traballo de xestión e optimización do seu investimento adóitase trasladar directamente a unha axencia especializada en marketing online.
E quizais por iso Google dálle tanta importancia á formación de profesionais que acheguen valor e axuden a estas empresas a coñecer a canle. Precisamente para este labor habilitaron Google Engage, a formación en marketing online con ferramentas de Google directamente explicada polos seus creadores. E as súas principais vantaxes non son poucas:
Que teremos que facer para comezar a utilizalo? Pois tan só temos que rexistrarnos no programa e que a nosa solicitude sexa aprobada por Google. Así de sinxelo! E xa poderedes comezar a formarvos neste interesante mundo dos anuncios de google.
Este é o primeiro vídeo que teremos que ver para acceder a Engage, é un breve resumo de apenas media hora no que se nos explica toda a plataforma que Google ofrécenos para poder anunciarnos. Animádesvos a velo?
]]>
Hai uns días, os alumnos da USC púñanse en contacto con algúns dos pioneiros do mundo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación para realizar unha serie de entrevistas sobre Social Media. A través de titulares tan suxerentes como Social Media, ese gran descoñecido e O Social Media, unha alternativa de futuro, manifestan a necesidade de coñecer mellor o que está sucendo nas TIC galegas.
Os alumnos das facultades de comunicación queren saber que se está tecendo no mundo empresarial, tal como se deduce no artigo de A revolución do Social Media nas empresas galegas e parece que, máis que nunca, as universidades quedan por debaixo das expectativas destes.
Ante esta realidade, moita xente pregúntase se a educación estará algún día á altura do reclamo dos mozos, ou pola contra, conseguirá deixar a moitos deles «cegos, xordos e mudos» ante o progreso.
]]>
Parabéns ós Museos Científicos Coruñeses (=mc2) pola súa próxima participación no Congreso «Museums & the Web» o vindeiro 8 de abril na cidade de Philadelphia.
Este proxecto está baseado na creación dun microsite con contido multimedia e onde a interactividade é a principal baza para chegar aos futuros visitantes de «O Asombro de Mr. Darwin» . MisterDarwin.eu é unha web multilingüe (inglés, español e galego) que nace cun valor propio e que complementa a exposición física do museo.
Estamos seguros que Philadelphia non se poderá resistir a Mr.Darwin e derritirase ante a súa nova viaxe 2.0.
]]>«O Asombro de Mr. Darwin» é un traballo que non sería posible sen a colaboración de: Museos Científicos Coruñeses (dirección e definición do proxecto), Predanet (programación) e Galinus (diseño visual, realización e montaxe).
Esperámosche!

A partir do mes de Abril de 2011 celebrarase na Escola Superior Marcelo Macías o primeiro Curso de Especialización en Marketing Online e Social Media Marketing na Coruña, que organiza en colaboración con dous profesionais galegos do marketing online entre os meses de abril e maio de 2011 cunha duración de 200 h entre horas presenciais e online.
Os expertos en marketing online e social media marketing están a converterse nunha peza imprescindible para as empresas con presenza en Internet, que se están vendo obrigadas a buscar e incorporar estes novos perfís nas súas organizacións.
Este Curso de Especialización estará dirixido por Daniel Cerqueiro (de Galinus) e Javier Varela (de toctocmedia), e sobre todo, contará cos relatorios de varios dos mellores expertos de Galicia en marketing online, community management e social media marketing.
O profesorado da primeira edición deste curso de especialización estará composto por Rodolfo Abella, Jesús López, Iván Fociños, Victor Salgado, Daniel Seijo, Pablo López, Javier Varela e Daniel Cerqueiro.
Podedes obter máis información na web do curso: http://www.cursomktonline.com ou descargar o PDF.
E recordarvos que xa está aberto o prazo de inscrición. Non esperes máis e aproveita esta ocasión para converterche nun Experto en Marketing Online, podpodes facer a túa inscrición dende aquí, ou chamando ao teléfono 981-23 52 65 e referíndose ao Curso de Marketing online preguntando por Esther.
Agardámoste!
]]>
Nós vivimos na Costa da Morte, e aquí adóitase traballar con mercancías moi físicas, relacionadas sobretodo co sector primario. Cando falamos con xente do noso entorno, que non ten unha idea moi clara de a que nos adicamos, sempre atopamos o problema de que traballamos con servizos virtuais, que non hai productos físicos que a xente poida tocar.
Por elo quixemos darlle unha volta a este problema comunicativo, e intentamos describir os nosos servizos convertíndoos en algo ben corpóreo. E non atopamos mellor sitio para poñelos á venda que o mercado dominical da vila de Cee, onde creamos a peza de video que compartimos actualmente na nosa web.
Ademais, a nosa posta en escena no mercado chamou á atención da Televisión Galega, como podedes ver no seguinte video.
Esperamos que disfrutedes tanto vendo estos vídeos como nós disfrutamos facéndoos.

Os datos de actualización son tan ilustrativos que a moitos nos sorprende que Google se metera de súpeto como un elefante nunha cristalería, e cometendo erros serios dos que persoalmente creo que se recuperará, en parte debido ao gran número de implicacións e ferramentas que xa se están aproveitando do seu uso intensivo, por usuarios que nin sequera se expuxeron usar unha ferramenta tan difundida e testada como twitter.
Na miña opinión, esa é unha das principais bazas de google buzz: coóuselles o target máis interesante, o dos usuarios menos activos na rede e quizais máis perezosos á hora de exporse actualizar o seu estado con relativa periodicidade e sen pretendelo, xa o están facendo, porque se lles apareceu un friendfeed no seu gmail…
]]>
A idea de que a información poida ser avaliada automaticamente por máquinas debería darnos unha idea do que suporía a efectos prácticos tanto en tempos de procura, de organización e de procesamento da información. Na miña opinión, sen dúbida sería un cambio estrutural na forma en que traballamos conectados hoxe en día.
E digo sería, porque aínda que o W3C creou xa o grupo de traballo de RDFa, teño a impresión de que as cousas van moito máis lentas do que eu mesmo imaxinaba hai xa dous anos cando asistín a unha charla con moi boas intencións organizada pola USC, e na que xa se falaba dos RDFs como algo inminente.
Quizais é que non teño paciencia, e dous anos parécenme moitos para tanta expectación creada. Aínda así, sigo crendo que por aí deberían ir os tiros, aínda que máis que tiros parezan dardos…
]]>
Do estudo, que na miña opinión arroxa datos cuantitativos moi interesantes, quedo cunha sensación de «quédanos moito traxecto aínda por percorrer», pero prefiro quedarme con algunhas ideas como as que seguen:
Deixámosvos a continuación a presentación de todos estes datos para que vós mesmos poidades extraer as vosas conclusións.
]]>