Servizos de Galinus, Taller de Novos Medios

Xa estás vendo os Servizos de Galinus Traballos Quen formamos Galinus Hemeroteca Estamos renovando a nosa web. Acompáñanos neste proceso Galinus inicio Idioma castellano Fase 1
Renovamos a nosa web. Acompáñanos neste proceso Galinus Fase 0

Deseñamos a túa presencia na rede

Servizos Galinus Fálanos do teu proxecto, dos teus obxectivos, das túas ideas de futuro... e nós farémosche unha proposta adecuada ás túas necesidades particulares.

Por medio do deseño axudarémoste a solucionar os problemas que xa tes e a aproveitar as oportunidades latentes.

Melloramos o teu posicionamento na rede

Servizos GalinusEstudando as túas necesidades, definimos cales son os termos nos que che interesa posicionarte para acadar o maior número de visitas posibles.

A partir deses termos creamos webs con código limpo e estándar que permite que os contidos estean optimizados para seren atopados por buscadores.

Optimizamos o teu comercio electrónico

Servizos Galinus Asesorámoste para encontrar un modelo de negocio online viable e sustentable, en función dos teus recursos, o teu contorno e a túa competencia.

A nosa experiencia permítenos asesorarte non só na parte técnica, senón nas importantes cuestións de loxística.

RR.PP. e comunicación online e marketing en internet

Servizos Galinus Reforzamos a túa imaxe de marca en internet, mediante a difusión nas canles máis axeitadas.

Creamos campañas nos chamados Social Media: blogs persoais ou comerciais, redes sociais e profesionais, microblogging... facendo un seguimento en tempo real do retorno de inversión (ROI).

Facebook Galinus Twitter Galinus Delicious Galinus