| En castellano |
|
|
Somos comodidade, eficacia,usabilidade e emoción |
|
Hifas da Terra é unha empresa adicada a venta de setas e productos derivados.
Ademais de desenrolar a páxina de Hifas da Terra, creamos a súa bitácora: Cogumélame. Desta maneira colmamos as necesidades comunicativas da empresa.
Galinus encárgase da actualización periódica desta bitácora. Para elo traballa cos profesionais de Hifas da Terra e pon en valor os seus coñecementos sobre o mundo da micoloxía.
Os profesionais de Galinus teñen unha dilatada traxectoria na publicación de contidos na rede:
xeral[arroba]galinus.com
A producción de contidos de calidade na rede é unha excelente forma de marketing en internet.
O estudio do fenómeno dos blogs ensínanos como se pode sacar partido de compartir información en internet.
Unha bitácora acerca a empresa ou institución a moita xente que doutra maneira non se acercaría a típica web corporativa.
Ademais, crease cos visitantes un vínculo máis estreito que a mera relación cliente-empresa.
Poderás acercar aos teus clientes o teu día a día.
Seguro que na túa disciplina tes coñecementos valiosos. Deixa que nós te axudemos a poñelos en valor .
Galinus traballa ao lado do cliente e asesora sobre os temas a publicar. A partir de aí, tratamos adecuadamente a información para adaptala á linguaxe propia de internet.
Para pechar o círculo, estudiamos o impacto da información publicada para sacarlle o maior partido a inversión realizada.