| En castellano |
|
|
Somos comodidade, eficacia,usabilidade e emoción |
|
Galinus creou a web do Concello de Corcubión tentando contentar as necesidades de información de dous tipos de usuarios:
O resultado é unha web fermosa e eficaz, que mostra o patrimonio cultural e natural da Costa da Morte, así como a información sobre as actividades que se realizan na vila.
Esta combinación fixo que esta web sexa unha das máis visitadas da bisbarra en apenas uns meses.
Hifas da Terra é unha empresa adicada a venta de setas e productos derivados.
Despois dalgunha experiencia insatisfactoria, Hifas da Terra púxose en contacto con Galinus para replantexar a súa estratexia de comunicación en internet.
Esa estratexia vertebrouse ao redor da creación dunha nova web que permitise a venta por internet dunha maneira sinxela e eficaz.
Para colmar as necesidades de comunicación de Hifas da Terra tamén creamos Cogumélame, a bitácora de Hifas da Terra.
xeral[arroba]galinus.com
En Galinus combinamos a nosa experiencia en proxectos web co estudio permanente das últimas tendencias en Deseño Web.
En Galinus colaboramos co Centro de Competencias en Comercio electrónico. Estamos especializados en usabilidade e facilidade de uso aplicadas ao comercio electrónico.
Por elo podémosche axudar a levar adiante o teu proxecto de comercio pola rede. Creamos a web de comercio adaptándonos ao teu orzamento e asesóramoste sobre todo o que siginifica vender por internet (lei de protección de datos, trato por correo aos clientes, política de devolucións, ...).