| En castellano |
|
|
Somos comodidade, eficacia,usabilidade e emoción |
|
En colaboración con Cruz Vermella organizamos e impartimos un curso de 20 horas.
O obxetivo era preparar aos asistentes para utilizar internet para unha procura de traballo autónoma.
Tratáronse temas concretos e prácticos como a preparación dun currículo para enviar por correo electrónico ou o uso de diferentes portais de búsqueda de emprego (infojobs, por exemplo).
O Concello de Corcubión contratou a Galinus para impartir un curso de iniciación á informática para mulleres desempregadas.
Durante 40 horas ensinamos a estas mulleres a utilizar os buscadores (Google), o correo electrónico e as mensaxerías instantáneas.
Nestos cursos o máis importante é o uso dunha linguaxe e unha metodoloxía pedagóxica adecuada ao nivel do alumnado. Para que de verdade interioricen os coñecementos, hai que conseguir que os alumnos atopen utilidade as ferramentas que se explican.
Ao final, os progresos e a gratitude mostradas polas alumnas compensáronnos con creces o esforzo realizado.
xeral[arroba]galinus.com
En Galinus estamos comprometidos en axudar a que a sociedade galega saque o máximo partido ás tecnoloxías da comunicación e por elo prestamos especial atención á formación neste campo.
Organizamos conxuntamente con diferentes institucións cursos e charlas para o fomento do bo uso das novas tecnoloxías e internet.
Utilizamos a nosa experiencia para acercar as novas tecnoloxías aos colectivos máis desfavorecidos. A exclusión tecnolóxica é un tipo de exclusión social que só se soluciona coa formación neste ámbito.
Se precisas que os teus traballadores aumenten os seus coñecementos sobre as novas tecnoloxías, conta con Galinus. Creamos cursos personalizados para as necesidades concretas de cada empresa.
Estamos especializados en comercio electrónico polo que se te adicas ou queres adicarte a venda por internet, conta con nosotros para formar aos teus traballadores.
Tamén impartimos charlas sobre comercio electrónico e comunicación por internet para asociacións e grupos de empresarios. Se pertences a algunha asociación de empresarios, ponte en contacto con nós.